ECOBAS

ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por persoal investigador e docente das tres universidades galegas, e especializado no estudo da sustentabilidade nun senso amplo, é dicir, tanto económica, coma ambiental e social, e o facemos dende o eido das ciencias sociais, principalmente a Economía e a Empresa.

O Centro da continuidade á Agrupación Estratéxica do mesmo nome, nacida no ano 2015, e que foi a primeira unidade de investigación supragrupal en ciencias sociais e a única interuniversitaria en Galicia ata o ano 2020.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN ECONOMÍA SOCIEDADE MEDIO AMBIENTE

O Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS está preparado para acadar tres ambiciosos obxectivos:

1

Converterse nun centro vertebrador da I+D+i no sistema galego de Investigación particularmente no ámbito das ciencias sociais, a través dunha axenda científica enfocada na sustentabilidade económica, ambiental e social, e aliñada con ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible) e coas principais axendas rexionais, nacionais e europeas, e fortemente conectada coas necesidades e prioridades da contorna.

2

Converterse nun motor de cambio para o desenvolvemento económico, a calidade de vida e o benestar, mediante a xeración de coñecemento que axude a resolver os problemas da sociedade. A nosa traxectoria de colaboración e traballo cunha ampla variedade de actores e axentes sociais son a nosa mellor garantía.

3

Crear un ecosistema de investigación atractivo, colaborativo e altamente internacionalizado que nos permita consolidar e atraer talento, e xogar un papel relevante na formación e capacitación de novo persoal investigador do eido da Economía e a Empresa e ciencias afíns.

DOSSIER CORPORATIVO

Se queres coñecer mais sobre ECOBAS podes descargarte o noso dossier aquí.

SUSCRÍBETE!

Se desexas recibir o noso boletín para estar ao día de todo o que acontece en Ecobas enche este breve formulario.