2ª Mesa de traballo do proxecto PASOS (Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable – RRI – no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social)

9 de xuño de 2022, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Vigo, Campus Lagoas-Marcosende)

PROGRAMA:

11.00h – Recepción das persoas participantes

11.10h – Benvida e apertura

11.15h – Contextualización da actividade

11.30h – Presentación dos resultados da 1ª Mesa de Traballo, e revisión e validación dos retos e escenarios identificados nesa primeira mesa.

11.55h – Pausa café

12.10h – Dinámica de traballo por grupos interinstitucionais

13.10h – Posta en común dos resultados

13.30h – Peche da xornada

Os obxectivos desta  segunda mesa de traballo son:

  • Contribuír ao coñecemento por parte dos distintos grupos de interese da relevancia da RRI no desenvolvemento sostible do sector mariño
  • Reforzar o contacto entre os persoas participantes para impulsar a colaboración na execución do plan
  • Validar os retos do sector mariño identificados e priorizados na primeira mesa de traballo
  • Identificar propostas de accións para cubrir as necesidades e os retos do sector do mar a través da RRI

Para participar nesta actividade, por favor enche o seguinte formulario (os campos marcados cun * son obrigatorios). Se tes algunha dúbida, envía un correo electrónico a